Ata o 21 de agosto está aberto o prazo de preinscrición para participar no II Taller de Harmonización Corporal que organizan a Concellaría de Igualdade de Ribadeo e o CIM.

Ata o 21 de agosto está aberto o prazo de preinscrición para participar no II Taller de Harmonización Corporal que organizan a Concellaría de Igualdade de Ribadeo e o CIM.
 
Hoxe, 3 de agosto, ábrese o prazo de preinscrición no II Taller de Harmonización Corporal que organizan a Concellaría de Igualdade e o CIM. 
“Trátase dunha proposta de traballo corporal cun obxectivo claro: aportar sensación de benestar e aliviar dores articulares e musculares para mulleres”, sinalan desde o CIM.
Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Igualdade, explica que hoxe se abre a preinscripción para participar nunha nova edición do Taller de Harmonización Corporal para mulleres, dada a boa acollida que tivo a primeira. Nesta ocasión os Talleres desenrolaranse dende o 14 de setembro ata 18 de decembro de 2015”.
A concelleira nacionalista lembra que “nesta segunda edición ofertase a posibilidade de facer grupos dun máximo de dez persoas, en quendas de mañá ou de tarde. A sesión terá una duración aproximada dunha hora, e o horario dentro do que se poderá elixir é: luns e xoves, de 10 a 11 horas ou de 11 a 12 horas, para aquelas que só teñan dispoñibles as mañás; martes, de 17:30 horas a 18:30 ou de 18:30 a 19:30 horas; e xoves, de 18 a 19 ou de 19 a 20 horas”.
Álvarez Lastra engadiu que “ademais agora as mulleres usuarias terán a opción de elixir si queren asistir a unha ou dúas sesións por semana. Dado o interese social acadado na anterior edición o Concello de Ribadeo subvenciona parcialmente o custe desta actividade, para que poida chegar ao  maior número de veciñas. No caso de acudir una hora á semana o custe mensual será para a usuaria de 5 euros, e si quixese vir dúas horas á semana o custe sería de 10 euros”.
As interesadas pódense preinscribirse nas oficinas do Centro de Información a Muller sita no Auditorio Hernán Naval, rúa Bos Aires, s/n de 9 da mañá a dúas da tarde ou no seguinte número de teléfono: 982 120 739. O período de preinscrición rematará o 21 de agosto.