Ata o 19 de outubro pódese ver na Casa da Cultura de Burela unha mostra dos artistas locais Paco Rolle e Belén Mogui.

Ata o 19 de outubro pódese ver na Casa da Cultura de Burela unha mostra dos artistas locais Paco Rolle e Belén Mogui.

 

O alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, inauguraron a mostra dos artistas burelaos Paco Rolle e Belén Mogui, que se poderá ver na Casa da Cultura ata o 19 de outubro.

A exposición presenta uns trinta cadros con temáticas variadas. O horario de visitas é de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.