Alfoz será escenario dunha exposición de pintura titulada "48 momentos", coa que varios autores lle renderán homenaxe a Manuel María. Poderase ver do 2 de xullo ao 13 de agosto.

Alfoz será escenario dunha exposición de pintura titulada "48 momentos", coa que varios autores lle renderán homenaxe a Manuel María. Poderase ver do 2 de xullo ao 13 de agosto.
 
O vindeiro sábado, 2 de xullo, ás 19 horas terá lugar no Castelo a inauguración dunha nova exposición de pintura. Titúlase "48 Momentos", da man do artífice ourensán Miguel Ángel Martínez Coello, que xunto a outros artistas coñecidos da Mariña como Hipólito Xeada, Xosé Blanco e Pili Casabella, farán unha mostra conxunta para renderlle unha pequena homenaxe ao poeta falecido Manuel María, a quen se lle dedicou este ano o día das Letras Galegas. Así mesmo, tamén terá lugar a presentación do libro "Conversas con Manuel María" de X.M del Caño. 
 
A exposición poderase visitar dende o 2 de xullo e o 13 de agosto.