Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove para a tempada 2016-2017.

Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove para a tempada 2016-2017.
 
Todos os alumnos-as que desexen participar nestas Escolas deberán ser socios da entidade e para formalizar a inscrición de alta Terán que ponerse en contacto coa xunta directiva da asociación no teléfono 618 97 61 59, de forma persoal con cada un deles, no correo electrónico a.c.d.xove@hotmail.com, no buzón de correos no Pavillón Polideportivo de Xove ou en www.acdxove.com e no facebook www.facebook/ACDXOVE. A cota para ser socio é de 10 euros mes/familia (en pagos semestrais) tendo dereito a participar en todas as escolasou actividades organizadas pola asociación así como descontos ou gratuidade nas equipacións deportivas.
 
ACD Xove fará este ano a presentación de cada unha das Escolas por separado durante a primeira semana de outubro. Así a presentación da de Kárate terá lugar o luns 3 de outubro ás 17:30 horas na aula multideportiva e a de Teatro tamén o luns 3 de outubro ás 18:30 horas no salón de actos.
 
A presentación da Escola de Patinaxe Artística celebrarase o martes 4 de outubro no Pavillón Polideportivo ás 17:00 horas para o grupo de pequenos, ás 17:45 horas para o grupo de medianos e as 18:30 horas para o grupo de grandes. A presentación do grupo de competición terá lugar ás 19:30 horas.
 
Tamén o martes 4 de outubro celebrarase a presentación da Escola de Xogos Pre-Deportivos ás 17:00 horas na aula multideportiva. Asistirán todos os alumnos-as cos país e as clases comezarán o xoves 6 de outubro.
 
A presentación da Escola de Pintura terá lugar o mércores 5 de outubro ás 17:00 horas no centro cultural Agramonte, e tamén ese mércores desenvolverase a presentación da Escola de Fútol Sala-Fútbol 8 ás 18:00 horas no Pavillón.
 
A Escola de Baloncesto presentarase o venres 7 de outubro ás 17:00 horas no Pavillón Polideportivo e a de Aerobic-Pilates o luns 3 de outubro ás 21:00 horas na aula multideportiva, as clases desta última serán os luns e os venres ás 21:00 horas e ás 22:00 horas.
 
No caso da Escola de Xadrez a data de presentación está sen concretar e a de Campo a Través e Atletismo en Pista comezará a tempada máis tarde ao igual que a de Tenis de Mesa. Nestes casos poñeranse en contacto cos inscritos para comunicarlles o comezo das actividades.