Aberto ata o 24 de agosto o prazo de preinscrición no curso de informática para moz@s de 12 a 16 anos, que organizan en RIbadeo as Concellarías de Mocidade e Novas Tecnoloxías.

Aberto ata o 24 de agosto o prazo de preinscrición no curso de informática para moz@s de 12 a 16 anos, que organizan en RIbadeo as Concellarías de Mocidade e Novas Tecnoloxías.
 
O prazo de inscrición no curso de informática para mozos e mozas, que organizan as Concellarías de Mocidade e Novas Tecnoloxías, estará aberto ata o 24 de agosto. As sesións formativas, nas que se ensinará aos alumnos a manexar diversas ferramentas ofimáticas, terán lugar os días 25, 26, 27 e 28 de agosto entre as 10 e as 11 horas na Aula CeMit de Ribadeo.
Vanesa Yanes Rivas, concelleira de Mocidade, explica que “neste curso as mozas e mozos entre os 12 e 16 anos, aprenderán a usar varias ferramentas ofimáticas, como poden ser os editores de textos, presentacións ou editor de imaxe, que lles serán de utilidade durante o curso escolar”. 
O curso será impartido polo axente TIC do Concello e as prazas serán limitadas, “pero no caso de superarse o cupo máximo, farase una segunda quenda os mesmos días en horario de 11.00 a 12.00 horas”, engade a edil nacionalista. 
Yanes Rivas engadiu que “o Concello se decantou por este tipo de curso porque cremos que será de utilidade para a mocidade tanto nos centros educativos como no seu día a día. Son programas que veñen empregando habitualmente e tentaremos que afonden un pouco máis nas posibilidades que cada un deles lles pode dar”. 
As preinscricións faranse nas oficinas da Aula CeMIT e da Biblioteca Municipal ou ben na páxina web aulacemit.ribadeo.org