A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha nova edición da "Festa da Palabra", que terá lugar do 23 ao 25 de setembro.

A Pomba do Arco, de Foz, organiza unha nova edición da "Festa da Palabra", que terá lugar do 23 ao 25 de setembro.
 
A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da “Festa da Palabra”, os días 23, 24 e 25 de setembro na Sala de Exposicións do CENIMA e na que contará coa participación de María Lado, Lucía Aldao, Laura Branco de la Barrera e Xavier Rodríguez Baixeras.
A programación prevista é a seguinte:
- O mércores, 23 de setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA arranca a actividade co espectáculo literario, musical e humorístico “Aldaolado”, a cargo de María Lado e Lucia Aldao.
- O xoves, 24 de  setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA a quenda  corresponderalle á  poeta focega Laura Branco de la Barrera, autora do poemario “Doenças dum espelho”.
- O venres, 25 de  setembro, ás 20:30 na Sala de Exposicións do CENIMA remataremos esta nova edición da “Festa da Palabra” cun recital dunha das voces máis coñecidas e recoñecidas da poesía galega, o mariñao Xavier Rodríguez Baixeras.