A IX Ruta de Pinchos de O Vicedo terá lugar os días 7, 8, 13 e 14 de maio. Está organizada polo Concello e conta coa colaboración da Acia.

A IX Ruta de Pinchos de O Vicedo terá lugar os días 7, 8, 13 e 14 de maio. Está organizada polo Concello e conta coa colaboración da Acia.
 
Este sábado, día 7, e o domingo, día 8, comeza en O Vicedo a Ruta dos Pinchos 2016 que este ano cumpre a súa IX edición e na que participan dez establecementos.
 
Esta ruta continuará os días 13 e 14 e maio. Os pinchos ao prezo de 1´5 euros serviranse os venres e sábados de 20:00 a 23:00 horas e o domingo de 12:00 a 15:00 horas. O público elixirá o mellor pincho e entre todos os votantes sortearase un vale de compra de 200 euros doados polos establecementos participantes. 
 
A entrega do premio do público ao mellor pincho e o sorteo do vale de compra terá lugar o día 16 de maio ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo. Organiza esta cita gastronómica o Concello de O Vicedo e colabora a A.C.I.A. de O Vicedo.