A décima edición do Ribadeo de tapeo será do 9 ao 17 de maio. Os establecementos hostaleiros que queiran participar poden presentar as súas propostas ata o 13 de abril.

A décima edición do Ribadeo de tapeo será do 9 ao 17 de maio. Os establecementos hostaleiros que queiran participar poden presentar as súas propostas ata o 13 de abril.
 
A cita gastronómica está organizada polo Concello e pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. A concelleira Ana Martínez sinala que “o Ribadeo de tapeo cumpre unha década de vida colleitando éxito tras éxito tanto entre o público como entre os seus máximos protagonistas: os profesionais dos establecementos da hostalería ribadense”.
A edil de Desenvolvemento Local e Turismo subliña que “esta cita é o noso maior escaparate gastronómico, un espazo onde compartir novas ideas e propostas desta cociña en miniatura, un espazo onde fomentar a nosa cultura da tapa”. E engade: “como cada ano, esta edición vense celebrando no mes me maio e as datas serán os  do 9 ao 17 de maio, ambos incluídos. Todos aqueles establecementos de Ribadeo que desexen participar teñen ata o día 13 de abril para presentar as súas propostas , para elo deberán cumprimentar o boletín de inscrición dispoñible na paxina web do Concello www.ribadeo.gal e presentalo por rexistro. Para calquera cuestión ou dúbida pódense por en contacto con adl@ribadeo.org ou no teléfono: 982 128 650”.
Cada establecemento poderá presentar 1 tapa a concurso, que se venderá ao prezo de 1,30 euros. Haberá tres premios, que serán decididos por un xurado profesional, para as tres mellores tapas presentadas a concurso; dous premios que decidirá o público: a mellor tapa e a mellor barra; e o premio “Tapa de Ribadeo”, que será para a mellor realizada con produtos da zona.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo engaden que “nesta convocatoria, nesta décima edición, os establecementos participantes poderán darlle difusión á posible oferta de tapas vexetarianas e tapas aptas para celíacos”.