A asociación Pasada das Cabras, de Burela, realizará a ruta do Monte do Facho, en Cangas do Morrazo, o vindeiro 11 de abril.

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, realizará a ruta do Monte do Facho, en Cangas do Morrazo, o vindeiro 11 de abril.
 
A asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto para o sábado día 11 de Abril facer a Ruta do Monte do Facho en Cangas do Morrazo de 13,5 quilómetros e dificultade media/baixa.
A saída será ás 7,30 da mañá da Estación de Autobuses de Burela e o prezo será de 25 € para os socios e de 30 € para os que non o son e inclúe autobús, comida e mais seguro. Para participar nesta ruta é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 9 de Abril.