A asociación Chao de Castro-Altair de Burela organiza este 12 de setembro unha xornada de información sobre a nova tempada de actividades de lecer educativo. Ás 19 horas celebrarase na Casa da Xuventude Burela unha reunión informativa coas familias na que se dará conta das propostas de Altair para os próximos meses.
Segundo o seu responsable, Bruno Faustino, Chao de Castro-Altair, unha asociación que traballa na educación en valores no tempo libre, ofrece “un espazo para gozar e aprender, espertar a creatividade, as habilidades e destrezas”, así como “un ámbito de convivencia, cooperación, compañeirismo e respecto polas persoas e o territorio”. O grupo de lecer educativo da asociación funciona a través de campamentos de inicio de outono, primavera e verán e con actividades os sábados de 16 a 19 horas. Mediante este sistema foméntanse “propostas lúdicas, en contacto coa natureza e o aire libre, baseadas na pedagoxía do proxecto e da acción”, explica o seu coordinador.
Os interesados en coñecer máis polo miúdo a oferta de lecer deste colectivo poden dirixirse ao teléfono 685325153.