Terras de Lourenzá organiza unha ruta ao San Cosme da Montaña. Será o 27 de setembro.

Terras de Lourenzá organiza unha ruta ao San Cosme da Montaña. Será o 27 de setembro.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o próximo 27 de setembro unha ruta ao San Cosme da Montaña, que levará  aos participantes ata a tan afamada romaría. A saída é ás 9 da mañá do domingo, 27 de setembro, do Cantón de Vilanova. Está previsto que os anotados se distribúan nos coches, para completar as prazas e así evitar levalos medio baleiros. Dende este punto desprazaranse ata diante da Catedral de Mondoñedo, onde está previsto o inicio da ruta, arredor das 9:30 horas.
Despois de 12 kms. de dificultade media, chegarán ó entorno do San Cosme, onde poderán desfrutar da xornada de romaría e festa. A comida será por libre, polo que cada un pode optar por levala da casa, ou ben xantar nos postos que están situados para a festa (polbo, churrasco…).
Ás 17 horas, un autobús baixaraos de novo ata Mondoñedo, onde teñen reservada unha visita guiada á Catedral e ao Museo. Finalmente, regresarán a Vilanova. Recoméndase levar chaleco reflectante e bastóns.
O prazo para anotarse remata o 24 de setembro; e todas aquelas persoas que o desexen  poden facelo nos teléfonos: 669 68 59 02 (Sandra) ou 619 82 87 84 (Pura). O custe desta camiñata é de 5€ para os socios, e de 8€ para os non socios (inclúe o bus e o custe da visita guiada).