Castaña
O Concello de Burela e Os Asadores Burela organizan este sábado, día 9 de novembro, a novena edición da Festa da Castaña.
A celebración terá lugar, como é habitual, na praza da Mariña a partir das 17:30 e contará con numerosas actividades para todos os públicos.
A IX Festa da Castaña comezará cuns xogos para a cativada a cargo da xoguetería Xogando nas Nubes e mais co obradoiro de zonchos impartido polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia.
A partir das 18:00 comezará o reparto de comida e bebida, con castañas, bolos preñados, auga e viño. Tamén haberá música ao longo da xornada.-
A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, convida á veciñanza "a asistir un ano máis a esta gran festa, que xa conta cun amplo percorrido na nosa vila".
Burela celebrará a oitava edición da Festa da Castaña con foliada o 11 de novembro, sábado, na Praza da Mariña. Está organizada polo Concello de Burela a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia e Os Asadores.
As actividades empezarán ás 12:00 horas con cantos de taberna; de 17:00 a 19:00 horas haberá obradoiros de regueifa e baile, ademais de xogos populares para nenos. O reparto de castañas e bolos preñados con auga ou viño empezará ás 18:30 horas, a foliada será desde as 19:00 e ás 21 horas empezarán os concertos de Grileiras, Pan.Sen.Fron, Os Carecos e Medio Quinhon.
A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude do Concello de Burela organiza a 7ª Festa da Castaña, que terá lugar na Praza da Mariña o 12 de novembro coa colaboración dos asadores da Sociedade Cultural Recreativa Ledicia, do BoasMigas, do Restaurante O Sargo, da A.C.M. Dámbara e da Acia Burela.
De 17:00 a 20:00 horas haberá un Obradoiro de Confección de Zonchos e Chapas. As inscricións poden facerse presencialmente na Oficina de Medio Ambiente sita na Antiga Praza de Abastos ou telefónicamente chamando ao 647 136673.
Ás 19:00 horas comezará o reparto de cornetes de castañas, bolos preñados e viño por 2'5 euros. Ás 19:30 horas o contacontos Anxo Moure representará o espectáculo "Un castiñeiro con botas. Unha árbore ven a vernos".
Ás 20:30 horas gozaremos de música tradicional a cargo...
leer másO 6 de novembro terá lugar a sexta edición da Festa da Castaña, que organiza a Concellería de Cultura de Burela.
O edil José Díaz contou que “el sábado 6 de noviembre vamos a celebrar una nueva edición de la Fiesta de la Castaña, que será la sexta. Llevamos cinco ediciones, tuvo que ser suspendida la del año pasado por la pandemia, pero este año, ya entrados en noviembre, vamos a tener una normalidad, al menos eso esperamos, que nos permita volver a celebrar este tipo de eventos, al aire libre. Si lloviese sería en el interior de la plaza de abastos a partir de las 19:30 horas y hasta las 21:30 horas aproximadamente”.
O concelleiro de Cultura explicou que “vamos a contar, como siempre, con la colaboración de asadores, que hablamos con ellos y se prestan a ayudarnos en este tipo de actividades. Como otros años,...
leer másMañá, 8 de novembro, celebrarase a V Festa da Castaña organizada pola Concellería de Cultura e a asociación Asadores de Burela. A cita terá lugar na praza de abastos a partir das 19:00 horas.
O edil José Díaz explicou que “aínda que estaba previsto que a festa tivese lugar na praza da Mariña, debido á previsión de mal tempo que dan para mañá trasladamos a celebración á praza de abastos”.
O programa dará comezo ás 17:00 horas cun obradoiro de confección de zonchos (colares de castañas) que se celebrará ata as 20:00 horas. A actividade estará dirixida para os máis pequenos e pequenas por monitoras do Centro Medioambiental Gaia.
Ás 19:00 horas comezará o reparto dos cornetes de castañas acompañadas de viño e bolos preñaos, ao prezo de 2 euros. A festa estará amenizada no apartado musical...
leer másEste venres, 9 de novembro, celébrase en Burela a cuarta edición da Festa da Castaña a partir das sete da tarde na praza da Mariña. Haberá castañas, bolos preñados, contacontos e sorteo de agasallos. En caso de mal tempo trasladarase á praza de abastos. Colaboran co Concello na organización deste evento a asociación de Asadores de Burela, Ledicia, Arume e a Acia local.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este fin de semana en Burela imos facer a Festa da Castaña. Vai ser a cuarta edición xa, empezamos en 2015. A verdade é que neste tres anos a resposta da xente foi boa con actividades ademais de bailes tradicionais a cargo de asociacións do pobo”.
O edil burelés dixo que “este ano repetimos co mesmo formato, coa axuda da asociación de Asadores de Burela, que serán os encargados de preparar as...
leer másA Concellería de Cultura programa para a vindeira fin de semana diversas actividades que comezarán o venres, día 10, coa obra de teatro Desconexión, o sábado 11 celebrarase a III Festa da Castaña, e o domingo 12 terá lugar unha nova edición do rastro solidario na praza da Mariña.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “empezaríamos el viernes, a partir de las nueve de la noche, tendremos una obra de teatro en el auditorio que es Desconexión. Es una obra escrita por Santiago Cortegoso, es autor de muchas de las obras exitosas del teatro gallego. Ya tuvimos además el fin de semana anterior O Furancho, que es otra obra escrita por él, estuvieron aquí Isabel Risco y Marián Bañobre, fue un éxito esa cita, gusto mucho a la gente como siempre que están estas dos actrices que ya estuvieron en Burela en otras ocasiones”.
... leer más