soberanía dixital
O venres 2 de maio, ás cinco e media da tarde, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho acollerá o evento Soberanía Dixital IV: blogs, información descentralizada. É unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión dunha ferramenta de difusión de coñecemento e creación como son os blogs.
Os organizadores desta actividade explican que “esta charla-taller e posterior coloquio é a cuarta actividade do ciclo que se desenvolverá ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo Concello a tal fin, locais solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas actividades. Neste caso co obxectivo de difundir o coñecemento, manexo e posibilidades dun sistema como son os blogs que incide nas nosas posibilidades de Soberanía...
leer más