CIFP Porta da Auga
O Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, ofrece tres cursos gratuítos dirixidos a persoas desempregadas. Estas accións formativas desenvolveranse desde abril ata xullo e inclúen prácticas en empresas, con posibilidade de axudas económicas para a súa realización. Ademais permiten obter o certificado de profesionalidade.
Os cursos son de: Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos; Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; e Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción.
As probas de selección realizaranse o día 3 de abril, xoves, ás 16:30 horas no CIFP Porta da Auga.
As persoas interesadas poden obter máis información sobre estes cursos acudindo ao Porta da Auga ou chamando ao...
leer másO Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, a través da Rede de Centros de Capacitación Dixital, oferta nos vindeiro meses de novembro e decembro dous cursos totalmente gratuítos para a adquisición e mellora das competencias dixitais básicas da cidadanía. Serán os últimos antes de que remate o programa da Rede de Centros de Capacitación Dixital.
O primeiro é de nivel básico e comezará o día 18 de novembro para rematar o 29 deste mes. O segundo será de nivel intermedio e desenvolverase do 9 ao 20 de decembro. Ambos os dous impartiranse de 16 a 19 horas, aínda que o horario pode ser flexible.
O CIFP Porta da Auga explica que se trata de “cursos de 30 horas que, unha vez superados, conducen á acreditación da cualificación de nivel 2 do Sistema Nacional de Cualificacións Profesionais...
leer más