Concerto solidario

03/09/2024

A Coral Polifónica de Ribadeo, coa colaboración do Coro Sagrado Corazón, ofrece un concerto solidario a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. Será este mércores, día 4 de setembro, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.

O prezo da entrada solidaria é de 5 euros e a taquilla estará aberta o mesmo día do concerto de 12:00 a 13:30 horas e desde as 19:00 horas.

A Coral Polifónica de Ribadeo, que con esta actuación conmemora o centenario do falecemento do poeta ribadense El Viejo Pancho, explica: “un ano máis queremos poñer o noso gran de area na loita contra o cancro cun concerto solidario, neste caso coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. Desexamos vervos a todos e todas acompañándonos por unha boa causa!”.