Automóbil

03/04/2025

Apaga organiza en Ribadeo un curso de electricidade do automóbil os días 12 e 13 de abril para o que so quedan tres prazas libres. 

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explica que “é un curso aberto ao público, a toda a xente que estea interesada no tema do automóbil. Estou a falar de afeccionados ao motor, profesores, técnicos, alumnos de formación profesional,  alumnos de universidade… é  un curso eminentemente práctico,  con 16 horas de duración,  que se vai  desenvolver o 12 e o 13 de abril, sábado e domingo,  en horario de 10 a 20 horas”.

Abordará cuestións coma nocións básicas de electricidade, manexo de polímetro e de osciloscopio ou trucos caseiros para localizar avarías eléctricas: “o curso está ideado para aqueles profesores que están preparando a oposición,...

leer más
Etiquetas:
31/08/2024

A carón da lonxa de Ribadeo arrincou esta mañá a I Feira do Automóbil, organizada por Apaga como actividade complementaria ao XIII Fórum de Innovación de Formación sobre Vehículos. 

Seis empresas da comarca expoñen ata mañá domingo arredor de 70 coches novos e usados. A Feira pode visitarse hoxe ata as oito da tarde e mañá en horario de 10 a 20 horas. 

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, agarda que “a feira funcione. É a primeira vez que organizamos un evento deste tipo, pero queremos seguir manténdoo no tempo e consolidándoo como unha cita importante a finais de agosto en Ribadeo”. E engadiu: “animamos á xente amante dos coches e a aquelas persoas que estean pensando en mercar ou cambiar de coche a que se acheguen pola feira hoxe e mañá”. 

Ata Feira do Automóbil se achegaron esta mañá...

leer más
Etiquetas:
31/07/2024

Ribadeo acollerá unha feira do automóbil novo e usado os días 31 de agosto e 1 de setembro. Está organizada por Apaga e enmárcase no XIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. Seis firmas teñen confirmada xa a súa presenza.

Esta é unha das novidades do Fórum, que arrincará o 28 de agosto, nas instalacións de Apaga. O seu presidente, Álvaro Doural, contou que “o programa do Forum xa está listo, é dicir que empezará o 28 e vai rematar o día 30. Neste caso, como todos os anos, sempre reservamos un número de prazas para xente que non é socio noso, para persoas interesadas no mundo do motor. Xa están dispoñibles, é dicir, calquera persoa que queira vir ao Fórum o único que ten que facer é vía web, a través de  www.apaga.es anotarse. Aí ten unha ficha para cubrir, que é moi fácil, incluír datos como...

leer más