Judo

Etiquetas:
26/02/2025

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “no pavillón da avenida de Luarca entre as 10 e as 14 horas máis de 300 participantes se darán cita nesta xornada de judo de Xogade, unha iniciativa de Deporte Galego e da Xunta de Galicia”.

O edil ribadense indicou que “se trata de practicar un deporte, como o judo, de xeito fácil e divertido. Son xogos deportivos para nenas e nenos en idade escolar”.

Silvent engadiu que “estamos encantados de que Ribadeo siga acollendo eventos deportivos de diferentes disciplinas ao longo de todo o ano”. 

No acto de presentación desta xornada de Xogade, que se desenvolverá en Ribadeo o vindeiro 8 de marzo, participaron Manuel Otero, xefe provincial de Deportes da Xunta en Lugo;  Iván Carballeira, delegado en Lugo da Federación Galega de Judo...

leer más
Etiquetas:
07/05/2024

O pavillón municipal de Ribadeo, situado na Avenida de Luarca, acollerá este sábado, día 11 de maio, o segundo Randori Judo Lugo, competición que contará con 180 participantes.
Este evento deportivo está organizado por Judo Lugo, Concello de Ribadeo e Federación Galega de Judo e D.A.

O segundo Randori Judo Lugo disputarase nas categorías infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e minis. As competicións iniciaranse as 10:15 horas.

Na presentación do evento participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; e o director técnico do club Judo Lugo, Iván Carballeira.

O concelleiro de Deportes ribadense destaca que “eventos...

leer más