Inclusivo
A representación terá lugar ás 20:30 horas con entrada de balde
Sinopse: Pirgopolinices é o novo Miles Gloriosus, o rexente da cidade durante o próximos catro anos. Non todo o mundo está de acordo e ninguén ten moi claro como chegou ao posto.
Palestrión, membro infiltrado e Periplectómeno, líder da oposición, coa axuda de toda unha equipa, tentarán conseguir papeis confidenciais que axuden a condenar as actitudes de Pirgopolinices. A través dun buraco feito entre as paredes dos dous despachos, Filocomasia tentará que non a descubran mentres pasa dun lugar a outro coa información para conseguir o que buscan.
Baseada na trama de enredo de Plauto, teatro Faíscas, pretende traer a escena unha realidade cómica moi presente.
A mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional propón un amplo programa de actividades gratuítas, alén das funcións
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron a 4ª edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional. Este ano, a iniciativa impulsada polo Concello de Viveiro celebrarase entre o 17 e o 23 de outubro.
“Superarte é un dos grandes exemplos do noso esforzo como Goberno local por acadar un Viveiro máis inclusivo. Un proxecto que cumpre a súa cuarta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional ”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A mostra conta en cada edición coa colaboración dunha asociación. Para este ano, o...
leer más