Produto

Etiquetas:
08/09/2022

Este domingo, 11 de setembro, celebrarase no Mercado dos Domingos unha nova edición do Día do Produto Local, unha xornada para poñer en valor a compra e o consumo dos produtos de proximidade. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “por este motivo, ao longo da mañá do domingo, ademais da venda directa dos produtores e produtoras que forman parte habitualmente deste mercado, terán lugar unha serie de actividades para todos os públicos”.

O edil ribadense conta que “arredor das 11da mañá haberá  unha exposición, da man do CEFEA Pedro Murias, na que se amosarán as diferentes variedades de tomates, pementos e cabazas cultivadas no propio centro para despois disfrutar dunha degustación dos mesmos. Aprenderemos tamén un pouco máis sobre cultivos e os coidados nunha actividade para todas as...

leer más