Artesá
Muras prepara a VIII Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 25 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento presentouse este mediodía nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez e a concelleira de Cultura Cristina Franco, xunto á artesá Iria Pigueiras e á fotógrafa Mayder Pumiñariño.
A responsable de Cultura de Muras detallou o programa desta nova edición da Romaxe que describiu como “unha festa da artesanía e da cultura galega, que demostra o potencial da tradición como fonte de inspiración e de coñecemento para o presente e o futuro” e destacou “a aposta por unha programación para público novo e familiar, na que persoas de todas as idades atopen algo do seu interese”. Nesa...
leer másO Concello de Muras organiza, coa colaboración da Asociación Obradoiros Artesáns da Terra Cha, a quinta edición da Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o 22 de maio.
O evento terá lugar na fraga de A Veiga, á beira do río Eume ao seu paso pola vila de Muras, nunha contorna de vexetación autóctona en pleno corazón do Xistral. A organización anuncia que será un pouco diferente aos anos anteriores desenvolvéndose segundo as indicacións sanitarias que cómpren.
Este encontro cultural de artesanía, música e gastronomía inclúe mostra de artesanía, demostracións en vivo, obradoiros para adultos e nen@s, charlas sobre emprendemento sostible no rural e actuacións de música, maxia e gastronomía.
O evento conta coa colaboración da Deputación de Lugo.