Teatro. Buxiganga
Nova Escena representará o 19 de outubro "As fillas de Eva". Será no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.
16/10/2019
O grupo Nova Escena representará este sábado, 19 de outubro, a obra As fillas de Eva. Será no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas.
A historia discorre nun país asolagado por unha longa guerra onde Eva loita por soster a casa e as fillas, fiando con esforzo o día a día entre o desánimo e a esperanza. Para ela o futuro repousa no seu único fillo varón. A chegada do seu marido desestabiliza o feble equilibrio do seu mundo. Este é un drama no que se reflexiona sobre o papel da muller nos conflitos armados.
A obra é de Xoan Carlos Laxe e está dirixida por María Márquez.
Esta representación inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo.