Xeolóxicas
O Concello presentou unha nova edición das Xeorutas que terán lugar este verán. Son as de A Marosa, O Perdouro e O Cantiño. Ademais, como novidade este 2019 inclúe unha Xeoruta Circular por Burela, cunha duración de seis horas e que está prevista para os días 18 de xullo e 28 de agosto. Esta fai un percorrido polas tres rutas xeolóxicas de Burela, ademais de visitar as praias, os paseos marítimos e a subida ao Monte Castelo.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde o Concello de Burela, a Delegación de Turismo e a de Medio Ambiente, vimos de presentar unha nova edición das Rutas Xeolóxicas para este verán 2019. Vanse desenvolver os meses de xullo, agosto e setembro”.
O edil burelés salientou que “como novidade este ano incluímos unha Xeoruta Circular, que vai ter unha duración aproximada...
leer más