Pasada das Cabras e Terras de Lourenzá realizarán este sábado, 9 de xaneiro, a etapa do Camiño Norte entre Ribadeo e Vilamartín Pequeno.

Pasada das Cabras e Terras de Lourenzá realizarán este sábado, 9 de xaneiro, a etapa do Camiño Norte entre Ribadeo e Vilamartín Pequeno.
 
A Asociación Pasada das Cabras de Burela, xunto coa Asociación Terras de Lourenzá, van empezar a facer o Camiño Norte de Santiago o vindeiro sábado,  9 de xaneiro, desde a súa chegada á provincia de Lugo. Farán a primeira etapa dende Ribadeo ata Villamartín Pequeño, en Barreiros, duns 17 quilómetros aproximadamente.
 
A saída de Burela será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses, o prezo é de 20 euros para os socios e de 25 para os que non o son e inclúe autobús, comida e máis seguro.
 
Para participar nesta andaina é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe, en Burela, ou ben chamando ao teléfono: 982 580 504, antes do 7 de xaneiro ás 20:00 horas.