O IV Torneo de Verán do Pádel Club Ribadeo celebrarase do 16 ao 23 de agosto nas súas instalacións. Ademáis da competición haberá un clinic dirixido por xogadores do World Padel Tour.

O IV Torneo de Verán do Pádel Club Ribadeo celebrarase do 16 ao 23 de agosto nas súas instalacións. Ademáis da competición haberá un clinic dirixido por xogadores do World Padel Tour.
 
O IV Torneo de Verán do Pádel Club Ribadeo celebrarase entre o 16 de o 23 de agosto con múltiples actividades relacionadas con este deporte: formación, partido exhibición e sorteo de palas e material deportivos entre os participantes no torneo, que terá lugar nas instalacións do PCR.
As actividades comezan o 16 de agosto co clinic dirixido por 4 xogadores do World Padel Tour: Ramiro Moyano, Fede Quiles, Borja Yribarren e Godo Díaz. Esta formación, para a que é necesario inscribirse, terá lugar dende as 10 ás 13 horas e continuará pola tarde, a partir das 19 horas, cun partido exhibición dos 4 xogadores, que será aberto a todos.
Do 17 ao 23 de agosto celebrarse o torneo entre os participantes inscritos en doblered.es ou no teléfono 650.624.350. Coa inscrición os participantes levarán unha camiseta e poderán gozar dunha churrascada gratuíta o día 22. Ademais sortearanse palas e material deportivo entre os competidores. 
Os premios para os campións serán económicos e en cheques para consumir na tenda de roupa e accesorios Siete Pecados, de Ribadeo. En masculino 1ª: o primeiro premio levará 450 euros e 200 euros en cheques de compra; e o 2º, 200 euros e 100 euros en cheques; en Masculino 2ª, o 1º premio recibirá unha pala e un cheque de 200 euros; e o 2º, unha pala e un cheque de 100 euros; para masculino 3ª, o 1º premio conseguirá unha pala e 200 euros en cheques de compra e o 2º será unha pala e 100 euros en cheques. As competidoras na categoría feminina disputaranse un 1º premio dun cheque de 200 euros e unha pala e un 2º de 100 euros en cheques máis pala. Os que compitan na categoría mixta poderán gañar un 1º premio de pala máis 200 euros en cheques para consumir en Siete Pecados  e un 2º de pala e 100 euros en cheques. Para os veteranos, maiores de 40 ou suma de 84 anos, hai estes premios: o 1º é pala máis 200 euros en cheques de compra; e o 2º consiste en pala máis 100 euros en cheques.
No patrocinio deste evento deportivo participan Grupo Ditram, Siete Pecados, AXA Seguros Oscar García Teixeira e Jim Sports. Colaboran Gestión Gratelu, Sondeos Occidente, Drop Shot, Softee, Serviocio, Gráficas Ribadeo, Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo.