O salón de actos da Casa do Concello acollerá o vindeiro martes, 24 de febreiro, ás 20:30 horas unha charla informativa sobre os perigos de internet e como navegar seguros pola rede. Será pronunciada polo dinamizador TIC Javier Reigosa, segundo deu a coñecer hoxe a alcaldesa, Emma Álvarez.
A rexedora dixo que “o vindeiro martes, 24 de febreiro, dento do ciclo de charlas que organiza o Concello todos os meses teremos unha conferencia ás oito e media da tarde no salón de actos da Casa do Concello. Leva por título Perigos de internet: “Navega segur@” e o poñente será Javier Reigosa, dinamizador TIC”.
Emma Álvarez agarda que “esta charla sexa de interese tanto para a xente nova como para a xente maior, xa que cada vez é máis a que navega por internet e consideramos que é moi importante que saiban qué perigos se poden atopar”.