O Centro Comercial Histórico de Viveiro sortea unha escapada romántica a París. A campaña de San Valentín desenvolverase do 7 ao 14 de febreiro e o sorteo da viaxe será o 16.

O Centro Comercial Histórico de Viveiro sortea unha escapada romántica a París. A campaña de San Valentín desenvolverase do 7 ao 14 de febreiro e o sorteo da viaxe será o 16.
 
Baixo o lema “Ven ó Centro Comercial Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir de mañá, 7 de febreiro, a campaña de San Valentin 2015. Nesta ocasión sortearase una escapada romántica a Paris do 10 ó 12 de abril.
Segundo explican desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro “o xeito de participar é moi sinxelo, o 14 de febreiro instalarase a carpa da asociación na praza da Fontenova, en horario de 11 a 14  e de 17 a 20:30 horas. Os interesados poderán participar entregando un tícket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 15€. No reverso do tícket porán os seus datos de contacto e depositarase nunha urna habilitada ó efecto. A data dos tíckets de compra poderá ser dende 7 ata o 14 de febreiro”. 
O sorteo realizarase o luns, 16 de febreiro, ás 16:00 horas nas oficinas da asociación e comunicaráselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador. 
Con esta campaña a asociación de comerciantes “aposta unha vez máis por premiar a fidelidade dos seus clientes,  cun agasallo moi especial para estas datas”. 
As bases do sorteo e toda a información pódense consultar na web www.viveirocentro.com, e nos perfis de Facebook, Twitter e Tuenti.