O 16 de outubro terá lugar un novo "Domingo a pé", actividade anual da Concellaría de Igualdade e do CIM de Ribadeo dirixida ás mulleres para promover un tempo de lecer para elas mesmas.

O 16 de outubro terá lugar un novo "Domingo a pé", actividade anual da Concellaría de Igualdade e do CIM de Ribadeo dirixida ás mulleres para promover un tempo de lecer para elas mesmas.
 
A Concellaría de Igualdade e o CIM poñen en marcha un novo Domingo a pé. Será o 16 de outubro e discorrerá entre San Cibrao e Burela. A inscrición está aberta no Centro de Información ás Mulleres. 
 
Desde a Concellaría de Igualdade sinalan que “rematou o verán, pero non as gañas de movernos e facer cousas. Coa chegada do outono a Concellaría de Igualdade de Ribadeo pon en marcha para o vindeiro 16 de outubro un novo Domingo a pé. Os Domingos a pé é unha actividade anual dirixida ás mulleres adultas, co fin de promover un tempo para elas mesmas, un tempo de ocio, un tempo illadas das obrigas familiares, laborais… un tempo para rachar con esa dobre ou triple xornada laboral. Ademais, de poder gozar dese tempo para elas, poderán coñecer lugares do seu entorno inmediato, e facer un pouco de exercicio físico”.
 
E engaden que “desta volta desprazarémonos desde San Cibrao ata Burela, cun percorrido de 12 quilómetros. Esta ruta será o día16 de outubro. Sairase ás 11:30 horas da estación de tren de FEVE e regresaremos arredor das 18:30 horas da tarde. Como ven sendo habitual, contaremos coa colaboración de Teresa Díaz, para guiarnos nas rutas. Teresa é membra da directiva da Asociación Pena Tallada, e ten investigado todas as rutas da nosa contorna, que podedes atopar no seu blogue: http://teresaderibadeo.blogaliza.org”.
 
As mulleres interesadas en participar na ruta deben anotarse no Centro de Información ás Mulleres, sito no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, chamando ao teléfono 982 120 739. Deberán levar calzado cómodo, auga e comida.