Todo está listo para a celebración do Naseiro, en Viveiro, do 23 ao 28 de agosto

Naseiro prepárase para celebrar un dos eventos máis importantes do ano, a Romaxe do Bo Xantar, declarada de interese turístico galego. A programación, que se estenderá desde o venres 23 ata o mércores 28 de agosto, inclúe unha serie de actividades para todos os públicos, destacando especialmente o Día do Polbo, o 23, que estará amenizado por unha charanga

O sábado 24 haberá misa na capela do campo da festa e procesión ás 13:30 horas e a festa continuará coa música do Grupo J.B.Son e o concerto de Los Alcántara. Xa o domingo 25 a xornada volverá a comezar con misa na capela ás 13:30 horas, seguida tamén de procesión, e a animación estará a cargo das orquestras Supertop e Platinum.

O luns 26 será a quenda da orquestra Salsarena e do Grupo Arizona, mentres que o martes 27 o Grupo Zona Zero e o Disco Móbil Conxuro serán os encargados de darlle o toque musical á xornada. A semana de festexos pecharase o mércores 28 co día do neno, dedicado aos máis pequenos, con diversas atraccións a prezos populares.

As sesións vermú serán de 14:30 a 16:00 e as verbenas a partir das 23:00 horas. Ademais, a festa contará cun pasarrúas a cargo de Bágoas da Terra.

A comisión de festa conta coa colaboración do Concello de Viveiro, a Xunta, a Deputación de Lugo e Abanca.