A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza a última ruta do ano a Fonsagrada este sábado, 14 de decembro.
A saída será ás 8:30 horas da estación de autobuses de Burela.
As persoas interesadas en participar teñen de prazo para anotarse ata o xoves, 12 de decembro, ás 14:00 horas, e poden facelo no número de teléfono 982 580 504 ou en Gráficas Arfe. Os prezos son 25 euros para os socios e 30 euros para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro, e a comida será cocido típico da Fonsagrada.
A organización informa que a ruta, cunha distancia de 8 quilómetros, ten un nivel de dificultade baixo.