Será no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas. O elenco artístico está formado por: Daniel Otero, María Roja, Rebeca Vecino, Jimmi Nuñez e Sete Eiroa
Sipnose: Nicolás reúne a súa familia para despedirse do espazo que os viu crecer, a casa da infancia cun vello ultramarinos bar que rexentaban os seus pais e no que agora vive con María, a súa parella. A expropiación dese lugar, por causa da construción dun parque eólico, é o motivo desta xuntanza. Olivia acode con Rubén despois de moitos anos sen contacto familiar. As lembranzas do pasado, unha visita non esperada, as relacións entres irmáns, a necesidade de mirar o futuro e a importancia do pasado farán visible un conflito xeracional e de pertenza ao lugar de onde vimos.
Noso é a nova peza teatral para adultas de Os Náufragos Teatro, unha dramedia familiar ambientada nas mobilizacións do rural contra os parques eólicos.