Segue aberta a inscrición nas actividades formativas de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) que se desenvolven no último trimestre de 2021. Os días 6 e 7 de novembro terá lugar un curso de soldadura tig.
A fin de semana pasada celebrouse o curso previsto sobre soldadura mig mag. Foi o sábado e o domingo nas instalacións de Apaga en Vilar. A duración foi de 16 horas.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “estas accións formativas foron programadas tendo en conta as demandas das empresas e as necesidades de xente formada. Non podemos asegurar que vaia haber inserción laboral inmediata, pero a xente que verdadeiramente queira traballar neste sector ten moitas posibilidades de poder inserirse laboralmente polos contactos e a relación que nós temos con empresas do sector”.
En novembro tamén hai previstos 3 cursos de 24 horas en total cada un de eles, que se desenvolverán en tres xornadas: curso de tubaxe industrial, curso de aluminio e curso de calderero. As persoas interesadas en asistir poden dirixirse a Apaga ao seu correo electrónico: apagaribadeo@gmail.com