
O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou este luns na presentación do torneo de baloncesto XVI Lourenzá En Xogo, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de abril en Lourenzá.
A Vicepresidencia da Deputación é o principal patrocinio institucional deste torneo de baloncesto feminino de base, organizado pola ED Lourenzá, que “é unha referencia neste tipo de campionatos e que reúne clubs tanto de Galiza como do resto do Estado”.
Daniel García destacou “a singularidade deste torneo cunha traxectoria de dezaseis anos de apoio e visibilización do baloncesto feminino” e valorou o “traballo da organización que consegue que clubs de base de distintos puntos do Estado veñan a xogar este torneo, contribuíndo a dinamizar o concello e a comarca coa presenza das xogadoras e das súas familias”.
En total nesta edición participarán no torneo 25 equipos das categorías infantil, cadete e junior de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Castilla y León.