Os Xardíns Noriega Varela de Viveiro acollerán este domingo, 20 de setembro, o espectáculo do Mago Antón Micromaxias, dentro do programa Cultura no Camiño.
Haberá actuacións ás 12:00, ás 13:00, ás 14:00, ás 17:30, ás 18:30, ás 19:30 e ás 20:30 horas. A duración do espectáculo é de 45 minutos.
O Mago Antón emprendeu no 2018 unha nova aventura no magomóbil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia. O vehículo está deseñado para a presentación de espectáculos de maxia para un máximo de 30 espectadores por función.
A reserva anticipada de entradas pode facerse a través do teléfono do Teatro Pastor Díaz 982 560 162 ou en rbg.cultura@viveiro.es
O 26 de setembro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz Baobad Teatro presentará Puño Puñete, tamén dentro do programa Cultura no Camiño.
Trátase dunha peza teatral, musical e visual na que a tenrura é a protagonista con cancións e historias acompañadas de música en directo. Está dirixida a nenos e nenas con idades entre 1 e 6 anos, que vivirán unha experiencia para espertar os cinco sentidos e terán as súas primeiras sensacións a través da oralidade, a música e os contos.
O Teatro Pastor Díaz aplica o protocolo do Covid-19 esixindo o uso de máscara e xel hidroalcohólico, a distancia de seguridade, a asignación de butaca con agrupamento familiar e límite de aforo.
A compra de entradas pode facerse a través do teléfono 982 560 162 e de rbg.cultura@viveiro.es, de luns a xoves.