Este mediodía foi presentado no salón de plenos do Concello o I Certame de Pintura Mural Amarte, que terá lugar coincidindo coa Feira do Bonito o vindeiro mes de agosto. Os artistas, que realizarán os seus traballos no muro de contención do porto, dispoñen ata o 1 de xullo para presentar as súas propostas.
O presidente do xurado, Alfonso Otero Regal, explicou que “é un certame para poñer bonita a Burela. Creo que foi en tempos de Maragall en Barcelona, cando sacaron un slogan que dicía Barcelona ponte guapa, pois Burela ponte guapa neste caso”.
O artista mariñán relatou que “Burela é un pobo novo. Cando eu tiña dez anos, xa fai uns cincuenta anos, Burela era soamente un barrio que se chamaba Vila do Medio, onde estaba a igrexa, a rúa do Can, que está na estrada que vai cara Rúa, e o porto. Foi unha poboación que se creou nos anos 60 e 70 e de alí para aquí. Este é un punto máis para tratar de dignificar a imaxe de Burela. O sitio é idóneo porque é un muro de contención do porto de Burela e trátase de facer un concurso de murais”.
O presidente do xurado deste certame salientou que “é un concurso murais, coa intención de que perdure no tempo e que se vaia enchendo iso de cor e de imaxe. O tema é monográfico porque é o tema do mar e as técnicas tamén poden ser variadas, como aerografía, pintura… Píntase en vivo, entre dous e catro días, coincidindo coa festa do bonito. O xurado valorará os once mellores murais, dez de xente de calquera sitio de fora, e un que é para un artista local. Acabará a obra o día da Festa do Bonito, ás seis da tarde, que é cando se entregarán os premios”.
Otero Regal manifestou que “é a creación dun museo ao aire libre, iso que se empezou a facer na década dos 60 na maior parte do mundo aquí chega agora. A técnica tamén está condicionada co paso dos anos, a empresa que subministra as materias primas garante durante oito anos que perdure ese tipo de pintura e despois haberá que mantela”.
Pola súa banda o concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñou que “desde el Concello nos parece importante desde el punto de vista estético para conseguir ese museo al aire libre de la localidad. Es una zona muy vistosa de Burela donde se hacen las fiestas y la feria del bonito. Le da mucho atractivo a la feria porque la gente va a pasar por ahí y verá a los pintores en plena competición. El jurado elige los que pasan a esa final en la que pintan y se decide quién gana”.
O edil socialista engadiu que “se pretende también fomentar la creación artística entre gente de aquí del concello, que seguro que se va a apuntar, gente de A Mariña y de toda Galicia y de otros puntos del país. Animar a pintores profesionales y no profesionales a que se apunten y que participen. Buscamos también un poco empresas que nos ayuden y colaboren, necesitamos de todo el entramado profesional de Burela para que nos apoyen en este proyecto”.
En total dedícanse a premios 4.700 euros, 3.800 para os catro primeiros clasificados e 900 euros do 5º ao 10º.