O grupo de teatro O Centiño de San Martiño, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado que organiza a Deputación Provincial de Lugo, desprázase este vindeiro sábado, día 30 de outubro, ata Burela para representar Vaia faena, a corentena. Será ás oito da tarde no auditorio municipal
Desde O Centiño sinalan que “estaremos en Burela tentando superar a ansiedade, a angustia, o estres e o medo do pasado confinamento de 2020 por mor da pandemia de coroavirus. Severino e Consuelo, Elvira e Fermín, Félix e José Luis, Teresa e Cándido, os oito veciños do edificio, asomaranse unha e outra vez aos seus balcóns para darlles renda solta a todos os seus traumas coroavíricos e existenciais. Sempre con humor, sempre con simpatía. O teatro tamén é unha forma de vencer o Covid-19”.