O Concello de Burela celebrará un mercado de nadal os días 2 e 3 de decembro, para o cal xa abriu o prazo de inscrición de postos. O mercado terá lugar na carpa situada na praza da Mariña.
Todas aquelas asociacións, entidades, artesáns ou comerciantes que o desexen poden anotarse ata o día 26 de novembro, xa sexa presencialmente no punto de información da Casa do Concello ou por correo electrónico no enderezo cultura@burela.org
A concelleira de Cultura e Comercio de Proximidade de Burela, Lina Gómez Pardo, anima a todas as persoas interesadas a “facer parte do mercado para continuar impulsando o comercio local da vila nunha época tan sinalada como é a do nadal”.