Este venres, 7 de decembro, ás 19:00 horas, terá lugar a inauguración do belén a tamaño real Viveiro ante o berce.
Este belén, instalado no atrio da igrexa de Santa María, poderá visitarse ata o día 13 de xaneiro. Está considerado como un dos máis importantes de Galicia e destaca pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto e polo enclave histórico-monumental no que está situado.
Pode considerarse como un dos referentes do Nadal galego e dende o Concello constatan como cada ano se incrementa o número de visitantes, sendo frecuente recibir chamadas de asociacións e de centros educativos, tanto de Galicia como de fóra da Comunidade, pedindo información para organizar excursións co fin de visitalo.