O 9 de setembro terá lugar en Viveiro a XV Marcha Minas da Silvarosa.

O Concello de Viveiro será este sábado, 9 de setembro, o escenario da XV Marcha ‘Minas da Silvarosa’, unha proba que partirá ás 17:00 horas da praza do Concello e rematará no museo das minas, no monte Pinido.

Na presentación da marcha interviron a alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, e Xosé Xesús Oca Ben, en representación da Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Minas da Silvarosa, entidade organizadora coa colaboración do concello.

Tanto María Loureiro como Miriam Bermúdez puxeron en valor “a importancia dunha marcha que combina deporte e natureza”, ademais da lembranza dunhas minas nas que chegaron a traballar 500 mineiros.