A Sociedade Cultural Ledicia, ultima a celebración da XXXVII Feira do Bonito para a vindeira fin de semana, 5 e 6 de agosto.
O programa da Feira dábase a coñecer a pasada semana case na sua totalidade, reservando unha novidade para esta recta final da espera que agardamos sorprenda a amig@s e visitantes: o vindeiro domingo dia 6, ademáis da xa consolidada degustación de marmitako, as persoas que se acheguen á festa poderan degustar unha tosta golosa, consistente nunha base de pan de bola do pais, ventresca de bonito asada e pemento de piquillo de elaboración artesana.
Un exquisito bocado do que se prepararán 350 racións ao prezo de 5 euros.
Desexando que as persoas que se acheguen a Burela esta semana disfruten con nós de todo o organizado, agradecer unha vez máis a colaboración do voluntariado, das entidades públicas e privadas, e dos medios de comunicación.
"Os pequenos grans de area cando se xuntan fan grandes praias"