Matrioshka Teatro presenta o espectáculo Manawee este domingo, 19 de novembro, ás 17:30 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.
É unha representación dirixida especialmente a nenas e nenos de 7 anos en adiante á que pode ir toda a familia. A duración é de 50 minutos, e o prezo da entrada 4 euros, de balde para nenas e nenos de ata 2 anos.
Trátase dunha peza de teatro contemporáneo cheo de humor e poesía cunha estética impactante e inhabitual en espectáculos para o público familiar. Mostra eses momentos da infancia no que as cousas están a piques de cambiar para sempre. Pretende ser unha guía para desenvolver a intelixencia emocional dende a infancia, e que ademais tamén vai dirixida aos adultos acompañantes, de xeito que poida ser unha ferramenta útil para establecer a comunicación c@s cativ@s que inician o seu cambio cara a ser adultos.