O 19 de agosto haberá unha nova sesión de cine ao aire libre en Burela. Vaise proxectar Ferdinand.

O vindeiro domingo, 19 de agosto, ás 22:00 horas, se o tempo o permite, terá lugar na Praza da Mariña unha nova sesión de cine ao aire libre coa proxección de Ferdinand, unha película de profunda mensaxe que foi nominada aos Globos de Ouro como mellor filme de animación e mellor canción orixinal.

A entrada é gratuíta. 
Sinopse
Ferdinand é un touro cun gran corazón que vive cos seus amigos. É un animal pacífico ao que lle encanta gozar da natureza sen facer dano a ninguén. Pero un día, todo cambia cando o confunden cunha besta perigosa. Ferdinand é capturado e arrincado do seu fogar para levalo a España, onde o obrigarán a converterse nun touro bravo. Pero ao noso protagonista non lle gusta a violencia e tampouco perseguir as teas vermellas dos toureiros. Así que decide que vai volver coa súa familia. Para iso recruta a un grupo de animais para escapar e volver á casa na maior aventura de toda a súa vida. Dirixida por Carlos Saldanha, director de Ice Age e Río, Ferdinand demóstranos que non podes xulgar a un touro polos seus cornos.

Esta proxección terá unha duración de 106 minutos.