A Casa da Cultura de Burela acollerá a representación de Bravas con Isabel Risco. A función terá lugar o 11 de febreiro ás 21:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trátase do segundo espectáculo unipersoal protagonizado por Isabel Risco no que presenta a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Dirixido por Fran Rei reivindica e visibiliza persoaxes femininos da historia e da mitoloxía de Galicia, como María Soliña ou María Castaña, pero tamén a mulleres anónimas que se involucraron en movementos e loitas sociais como as cigarreiras de A Coruña que levaron a cabo a primeira folga feminina en 1831.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Burela, Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 21-22.