A asociación Nordés Faladora organiza a xornada titulada Novos Poboadores, incluída na iniciativa Alternativas do Rural, que se celebrará o vindeiro sábado, 12 de marzo.
O programa dará comezo ás 10:30 horas no Barqueiro, en Mañón, e continuará cunha visita de 11:00 a 13:00 horas á Granxa Labrada, en Grañas do Sor. Ás 14:00 horas haberá un xantar na mesma Granxa Labrada, cun menú que consistirá nun cocido madrileño a 15 euros por persoa sendo necesaria a inscrición previa. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden anotarse ata o xoves, 10 de marzo, no número de teléfono 653 756 454.
Pola tarde, a partir das 16:00 horas celebrarase un debate aberto no Abeiro de Mañón.