No Conservatorio de Música de Viveiro haberá unha xornada de portas abertas este xoves, 27 de xuño

O Concello de Viveiro anuncia unha xornada de portas abertas que o Conservatorio Profesional de Música organiza para este xoves, día 27 de xuño.

A xornada está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos, poderán probar os instrumentos e non é necesario anotarse, bastará con acercarse ao conservatorio en horario de 16:30 a 18:30 horas.

“Para o Concello de Viveiro, o ensino musical desde idades moi temperás é unha prioridade, polo que animamos a participar nesta xornada”, sostén a alcaldesa, María Loureiro.

Para máis información sobre a xornada pódese acudir á secretaría do centro ou chamar ao teléfono 982.56.04.86.

Por outra parte, o Conservatorio informa tamén de que se amplía o prazo para os alumnos que desexen matricularse en 1º de grao elemental para o vindeiro curso 2024/2025 nas especialidades de guitarra, piano, trompeta, clarinete e percusión.