O Teatro Pastor Díaz acollerá diferentes actuacións para nenos e nenas, concertos e representacións teatrais, dentro da programación cultural do Concello de Viveiro para o mes de novembro.
Este sábado, 7 de novembro, ás 18:00 horas, Ghazafelhos Teatro da RGTA, presentará As pitas…, dirixida a nenos e nenas maiores de 5 anos.
O día 14 ás 20:30 horas Redium Teatro da RGTA representará O mozo da última fila.
O 21 de novembro ás 21:00 horas a Banda Municipal de Música de Viveiro ofrecerá o concerto de Santa Icía interpretando música de cámara. A actuación será retransmitida a través de Youtube e Facebook.
O día 28 ás 18:00 horas Galeatro da RGTA porá en escena Carabela, dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos.
Haberá límite de aforo e será necesario o uso de máscara en todas as actividades, ademais de cumprir coa distancia social.