O 17 de xullo disputarase en Viveiro a segunda edición da Copa de Tiro Olímpico Deputación de Lugo, organizada polo Club de Tiro San Roque coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado de Deportes Efrén Castro e o presidente do club viveirense Juan José Casabella presentaron a competición, que traerá a Viveiro a tiradores e tiradoras das categorías absoluta e junior de toda Galiza e do Occidente Asturiano
A proba consistirá en tiradas de 100 platos máis unha final olímpica na que partiparán as oito mellores tiradores. As inscricións están abertas –a través de Whatsapp ao 616933646- ata o xoves 14 de xullo.
O deputado Efrén Castro explicou que “desde a Vicepresidencia da Deputación apoiamos a organización de copas provinciais noutras disciplinas, como o atletismo ou o piragüismo, que ao longo dos anos contribuíron a facer medrar a base deses deportes. Cremos que, no caso do tiro olímpico, competicións deste tipo tamén pode ser un aliciente para conseguir ese dinamismo e apoiar o traballo dos clubs”.