Grupos de teatro afeccionado da Mariña gravaron un vídeo en homenaxe ao traballo realizado nos últimos tempos e para que ninguén se esqueza deles.

Grupos de teatro afeccionado da Mariña luguesa veñen de gravar un vídeo reivindicativo do traballo desenvolvido por todos eles para lembrar nestes días de confinamento.

Estas organizacións salientan que “vivimos tempos difíciles nos que todos os ámbitos da nosa vida se resenten, entre eles o da cultura. A Mariña lucense leva sendo nos últimos anos un referente no mundo do teatro afeccionado, moitos grupos e moita xente trasladan aos escenarios as súas inquedanzas culturais. Todo un mundo de persoas e de artistas que agora co confinamento esmorece na casa. Porén, os teatreiros non nos rendemos, levamos o teatro nas veas e, a soas ou acompañados, seguimos actuando porque actuar é vivir. Entre todos gravamos un vídeo reivindicativo do noso traballo teatral e animamos á xente a resistir para saír adiante despois destes tempos complicados. Aquí nos tedes, sobre os escenarios das nosas casas, dando moita guerra. Todos xuntos porque o teatro é unha gran familia. Axiña nos hemos ver de novo sobre os escenarios. Longa vida ao teatro!”.

O enlace do vídeo en Youtube é: https//www.youtube.com/whatch?v=wwkRIXXTaw.