"El regreso de Scar", o musical tributo ao Rey León previsto para xaneiro en Burela foi adiado para o 7 de maio.

Desde a Concellería de Cultura de Burela sinalaron: “lamentamos comunicar que a xira de El Regreso de Scar, musical tributo a El Rey León 2, quedou suspendido polo positivo en covid-19 de dous integrantes do Ballet Internacional de Senegal. No caso de Burela é un adiamento e xa temos nova data. Será o 7 de maio”.
 

E engaden que “nos próximos días a plataforma woutick poñerase en contacto vía e-mail coas persoas que xa tiñades comprada a entrada para preguntarvos a opción que desexades: a devolución do importe da entrada a través da mesma canle pola que foi adquirida ou conservar dita entrada para a nova data. Moitas grazas pola vosa comprensión e sentimos as molestias ocasionadas”.