A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, supervisaron este lunsos derradeiros traballos de montaxe do Belén Viveiro ante o Berce. Trátase dun dos beléns xigantes máis importantes de Galicia e de España, que estará situado no atrio da Igrexa de Santa María, dende o 5 de decembro ata o 14 de xaneiro.Esta coidada recreación a tamaño natural do artista Jesús Atadell está composta por 90 pezas e representacións propias do belén como o Nacemento ou os Reis Magos. O Goberno da Deputación colabora co Concello de Viveiro cunha achega económica de 35.000 euros para a celebración de distintas actividades culturais durante todo o ano,co obxectivo de dinamizar económica e turísticamente este municipio da Mariña.
García Bermúdezdestacou que “este Belén a tamaño natural é o máis espectacular de Galicia, cun “Nacemento” que sorprende por si mesmo polas diferentes escenas que o compoñen e por estar situado nunha contorna excepcional como é o casco histórico de Viveiro, ao carón da Igrexa de Santa María. Nel recréase con todo luxo de detalles o nacemento de Xesús e conta, como novidade, con representacións como a recepción de Herodes, animais e muíños, así como un mercado deoficios tradicionais, tales como os de ferreiro, pescador ou canteiro, propias da súa contorna.”
A Rexedora agradeceu a colaboración da Deputación e da Asociación Amigos do Casco Vello de Viveiro e remarcou que “dende o Concello retomamos a organización desta actividade fai 3 anos, pois constatamos como cada ano incrementan o número de turistas que visitan Viveiro para ver este Belén, considerado como un dos referentes do Nadal en toda Galicia. Para nós é un autentico símbolo das festas de Nadal que se converteu nun elemento turístico imprescindible co que atraer novos visitantes a toda a Comarca da Mariña”.
90 pezas a tamaño natural
O Belén de Nadal de Viveiro,que está composto por 50 figuras a tamaño natural e 40 animais, estará situado no atrio da Igrexa de Santa María, ata o día 14 de xaneiro. Nel recréase con todo luxo de detalles o que podería ser a poboación onde naceu Jesús, e conta con representacións como; o Nacemento, ou os Reis Magos, e coa recreación dun mercado e de oficios como os de ferreiro, pescador, canteiro, pastor, viticultor, agricultor, tintureiro ou lavandeiras, propias da súa contorna. Como novidade, este ano haberá recreacións da recepción de Herodes; Salón de trono; animais; muíños e faros, así como o fondo do portal do Belén.
Ben de Interese Cultural
Esta composiciónde 90 pezas está considerada como unha das máis importantes de Galicia e destaca pola súa beleza, pola dimensión das súas pezas, pola extensión do seu conxunto, ademais de instalarse nun enclave histórico-monumental único, a Igrexa do Convento de San Francisco. Esta construcióndo século XIV, con nave única, está considerada xunto a súa contorna como un Ben de Interese Cultural, dentro do catálogo de monumentos do patrimonio histórico de España.