
A Casa da Cultura de Burela acollerá, na súa Sala de Arte, unha mostra das obras presentadas ao Concurso de Postais Nadal 2023. Poderá visitarse desde o venres 22 de decembro de 2023 ata o xoves 25 de xaneiro de 2024 de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Neste concurso participaron nenos e nenas do concello de Burela en idade escolar, repartidos en 4 categorías: Educación Infantil; 1° e 2° de Primaria; 3° e 4° de Primaria; e 5° e 6° de Primaria.